SUSO MARTÍNEZ, O “PEREGRINO” DA TVG, LERÁ ESTE DOMINGO O PREGÓN DE INAUGURACIÓN DO BELÉN DE SANTA MARTA DE ORTIGUEIRA
O actor, historiador e guía turístico Suso Martínez -que interpreta ao peregrino medieval Giralde D’Orillac que conduce o programa “Peregrinos” da TVG- será o encargado do pregón co que se inaugurará na Igrexa de Santa Marta de Ortigueira o belén da Unidade Interparroquial este domingo, día 1 de decembro. O acto está previsto para as sete da tarde e asistirá representación do Concello.
Este Nacemento é un dos máis interesantes de Galicia, xa que se monta sobre un decorado que deseñou nos anos 20 do pasado século o pintor e escenógrafo ferrolán Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo.
As figuras -moitas delas tamén do ano 1924- colócanse sobre varios panos que dan un aspecto de misterio á escena, iluminada de maneira moi coidada. Entre as personaxes que se poden ver no belén, ademais das figuras protagonisas, hai unha vella, unha nai o seu fillo, un enfermo, mendigos, etc.