SOLICITUD DE DATOS AOS COMERCIOS PARA UNHA PLATAFORMA DE VENTA A DOMICILIO
O Concello de Ortigueira informa aos comerciantes que queiran formar parte na nova plataforma on-line que está a crear a Xunta de Galicia envíen os seguintes datos a seguinte dirección:
DATOS QUE SE SOLICITAN:
- Nome Comercial
- Logotipo
- Sector Comercial
- Enderezo
- Páxina web
- Descripción breve (máximo 100 palabras)
- Servizo de pedido e recollida en tenda: SI ou NON
- Disponibilidad de cita previa: SI ou NON
- Tenda online
- Fotos
- Dirección Facebook
- Dirección Twitter
- Dirección Instagram
- Horario
ENVIAR A:
Correo: francisco.fernandez@concellodeortigueira.com
Telf: 981 400 000
Desde o Concello animamos a todos os comerciantes que se unan a esta proposta xa que a dixitalización e o uso das novas tecnoloxías se configuran como ferramentas de utilidade para manter a actividade do comercio, polo que se plantexa como necesario impulsar mecanismos de xestión integral, que permitirán combinar a venda física coa venda en liña e a distancia.