Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa ‘Agasallos de Nadal 2025’

O Concello de Ortigueira abre, do 3 ao 28 de novembro, ambos inclusive, o prazo de solicitudes para o programa de ‘Agasallos de Nadal 2025’.

Esta iniciativa vai orientada a proporcionar agasallos de Nadal a familias con menores con baixos recursos. Así, o programa está dirixido a aquelas familias de Ortigueira con fillos menores de 15 anos (a 01/01/2026), ou con nenos/as de ata 19 anos (a 01/01/2026) con discapacidade, e cunha renda ponderada que non supere certos limiares establecidos en función da composición familiar.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o próximo 28 de novembro de 2025. As familias interesadas poderán presentar as súas solicitudes na Oficina do Rexistro Xeral do Concello, así como obter máis información no departamento de Servizos Sociais Municipais.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar cos Servizos Sociais Municipais a través do teléfono 981 400 000.

Consulta o programa de Agasallos Nadal 2025

Consulta a convocatoria e bases do BOP.

DESCARGA formulario de participación

Back to top