Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS REIS MAGOS RECIBIRÁN AOS NENOS E NENAS DE ORTIGUEIRA O VINDEIRO DOMINGO

O Concello de Ortigueira xa ten todo preparado para a cabalgata de Reis Magos, que será o vindeiro 5 de xaneiro a partir das 18.30 horas. O desfile -que estará cheo de sorpresas, empezando polas carrozas que levarán as Súas Maxestades de Oriente- partirá de A Lagarea para percorrer as avenidas Escola de Gaitas, Juan Luis Pía e Penela, as rúas Eugenio López e Francisco de Santiago e a avenida Luciano Pita ata o Cantón. Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e nenas e escoitarán as súas peticións no atrio da Igrexa.

Back to top