ORTIGUEIRA SE PREPARA PARA O VERÁN
O Concello xa fixo reparacións nalgúns arenais que agora se completarán con tarefas de limpeza grazas a unha subvención da Deputación / A Xunta concedeu unha axuda para dispoñer de seis socorristas, aos que se engadirán outros contratados con fondos propios / Tamén se está levando a cabo o acondicionamento do mobiliario urbano e das pistas e se reforzará o plantel de limpeza.
O Concello de Ortigueira comezará nos vindeiros días coas tarefas de limpeza das praias para poñelas a punto cara á tempada de verán, que se abre o 1 de xullo. A Deputación da Coruña concedeu unha subvención de 28.330,63 euros que se destinará ao acondicionamento das de Morouzos e Espasante, con sete personas destinadas aos traballos. Estes labores virán a completar outras actuacións xa realizadas, como as reparacións no areal en Morouzos, onde se arreglou a pasarela de madera e o acceso de minusválidos.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu tamén unha axuda que permitirá dispoñer de seis socorristas para estas dúas praias, que traballarán do 1 de xullo ao 31 de agosto e aos que se engadirán algúns máis con contratacións realizadas a través do Servicio Público de Emprego utilizando fondos propios do Concello.
O goberno de Ortigueira quere ter todo a punto para o verán, xa que nestas datas a localidade recibe a numerosos turistas, que chegan atraídos, entre outras cousas, pola beleza das súas praias. A clasificación sanitaria das zonas de baño da Consellería de Sanidade cataloga como excelente a calidade das augas de Morouzos, Bimbieiro, San Antonio e Broña, e como boa a da Concha. Pero ademáis os arenais orteganos contan con duchas, aseos e acceso para minusválidos salvo nos casos nos que, por orografía do terreo, non é posible telos.
As actuacións nas praias complétanse, como explicou o responsable municipal de Obras, Juan Cao, con outras nos elementos urbanos. Así, en Espasante xa se levou a cabo o pintado de farolas, papeleiras, macetas, etc. e estes mesmos traballos desenvolveranse no mobiliario urbano da vila de Ortigueira nos próximos días.
Acondicionáronse ademais as pistas de Insua e As Neves, limpáronse as cunetas e empezouse a rozar nas que son de propiedade municipal, moitas delas xa completadas.
De cara ao verán, Ortigueira contará así mesmo con sete persoas para reforzar as tarefas de limpeza, recollida de lixo, etc. que se incrementan estes meses polo aumento de poboación que trae consigo o turismo. Estas contratacións son posibles grazas ao Plan de Integración Laboral da Deputación, que concede 40.000 euros para contar con este plantel durante case catro meses.