Ortigueira retoma os cursos de memoria e informática no mes de febreiro
As actividades de memoria impartiranse en Ortigueira, Ladrido, San Claudio, Espasante, Loiba e Couzadoiro.
En canto aos talleres de informática, levarán a cabo en Ortigueira, A Senra, Tiroteo, Loiba e Céltigos.
Ortigueira retoma a programación dos cursos de informática e os talleres de memoria, no próximo mes de febreiro, co obxectivo de dinamizar a actividade dos centros sociais.
As actividades de memoria impartiranse, os luns, de 15:45 h a 16:45 h en Loiba, de 17 h a 18 h en Ortigueira e de 18:15 h a 19:15 h en Ladrido; os martes serán de 15:45 h a 16:45 h en Couzadoiro, de 17 h a 18 h en San Claudio e de 18:15 h a 19:15 h en Espasante.
En cando aos cursos de informática, os luns realizaranse de 18 h a 19:30 h na Senra; os martes de 16:30 h a 18 h en Ortigueira e de 18:15 h a 19:45 en Tiroteo; mentres que os mércores daranse de 18:15 h a 19:45 en Loiba e de 20 h a 21:30 h en Céltigos.
Para realizar as inscricións en cada un dos cursos é necesario poñerse en contacto coa educadora familiar do Concello a través do número de teléfono 981 400 000.