Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira organiza unha xornada dedicada a autónomos e empresas para informar sobre as axudas do Instituto de Transición Xusta para emprendedores

  • Terá lugar o martes, 24 de xaneiro, no centro municipal de formación, no Polígono de Cuíña ás 11 horas
  • Explicaranse as bases de axudas que impulsen a xeración de novas actividades e a diversificación económica a través do apoio a novas iniciativas empresariais

O Concello de Ortigueira organiza o vindeiro martes, 24 de xaneiro, unha xornada dedicada a autónomos e pequenas empresas, co obxectivo de informar sobre as axudas existentes do Instituto de Transición Xusta para emprendedores e emprendedoras.

Celebrarase no centro municipal de formación, na nave municipal de usos múltiples que ten o Concello no polígono industrial de Cuíña, de 11 a 12 horas.

O contido da charla estará centrado nas bases das axudas que pretenden impulsar novas actividades e a diversificación económica a través do apoio a novas iniciativas empresariais ou a proxectos de investimento que queren manter o emprego en zonas afectadas polo peche de grandes empresas.

Os posibles beneficiarios destas axudas son as pequenas empresas e autónomos, entre as que tamén se inclúen residencias e centros da terceira idade, discapacitados e outras actividades asistenciais; aloxamentos turísticos; proxectos para o desenvolvemento da sociedade da información, innovación e novas tecnoloxías e comercios ao por menor de produtos elaborados polos promotores en zonas de transición xusta.

Desde o Concello de Ortigueira animamos a todos e todas a asistir a esta xornada para coñecer de primeira man como funcionan estas axudas e o útiles que poden chegar a ser.

Back to top