Ortigueira realiza unha concentración silenciosa en solidariedade con Ucraína
Este mércores, a veciñanza de Ortigueira reuniuse diante da Casa do Concello para gardar cinco minutos de silencio e mostrar así a súa solidariedade co pobo ucraíno ante a guerra con Rusia.
O acto estivo convocado pola Federación Española de Municipios y Provincias.