Ortigueira realiza un reparto de alimentos a familias vulnerables
- Preto de 60 unidades familiares recibirán alimentos cedidos pola Cruz Vermella antes de Noiteboa.
- A concelleira de Igualdade, María Lamelas, sinala que “con esta achega buscamos dar o noso apoio ás familias que estean pasando por momentos difíciles e que precisen dun apoio”.
O Concello de Ortigueira reparte alimentos a preto de 60 familias con poucos recursos. A entrega destes estase realizando ao longo destes días e finalizará antes de Noiteboa. Os produtos foron cedidos por Cruz Vermella ao Concello.
A concelleira de Igualdade, María Lamelas, sinala que “con esta achega buscamos dar ou noso apoio ás familias que estean pasando por momentos difíciles e que precisen dun apoio”. A edil destacou a importancia deste tipo de actuacións para que “todas as persoas poidan pasar estas festas da mellor forma posible, sobre todo nestes momentos, despois de que a pandemia da covid-19 afectase á economía de moitas familias”.