Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira modernizará o seu servizo de limpieza coa compra dun novo camión de basura

O Concello de Ortigueira reforzará a súa frota municipal do servizo de limpeza a través da licitación para a compra dun novo camión recolector compactador de residuos sólidos urbanos. Este investimento, que ascende a 200.000 euros, permitirá ao Concello contar cunha maquinaria máis moderna e eficiente, deseñada para optimizar a recollida selectiva.

O futuro camión contará cunha masa superior ás 18 toneladas e destacará pola súa gran capacidade de carga, o que permitirá axilizar os roteiros diarios e reducir os tempos de desprazamento. Ademais, o prego técnico contempla a incorporación de sistemas de seguridade avanzados, como cámaras de visión traseira de alta definición e dispositivos de control de presenza para protexer a integridade dos operarios durante as manobras de carga.

As empresas interesadas en fornecer este equipo teñen ata o próximo 5 de marzo para presentar as súas ofertas.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destaca que este novo camión de lixo “supoñerá un salto de calidade nos servizos básicos do municipio”. Segundo manifesta, o obxectivo é “dotar aos traballadores deste servizo das mellores ferramentas posibles para que a recollida diaria de residuos sexa máis rápida, eficaz e sobre todo, máis segura”.

Back to top