ORTIGUEIRA CELEBROU O DÍA DE ROSALÍA
O Concello de Ortigueira celebrou o pasado luns o Día de Rosalía coa preparación do “Caldo da Gloria” para a residencia de persoas maiores por parte do colectivo Entre Fogones. Pola súa banda, rapaces de Aspromor levaron camelias ao centro e un grupo de estudantes do IES de Ortigueira recitaron poemas da homenaxeada.