Ortigueira celebrará o Día Mundial da Danza cunha coreografía en grupo
Desde o Concello de Ortigueira convidámosvos a festexar o Día Mundial da Danza participando nunha coreografía en grupo.
Será no Cantón de Ortigueira, o vindeiro 29 de abril ás 12:00h.
Na iniciativa participará a mocidade do IES de Ortigueira e do CEIP José María Lage, Aspromor, Gamelas e Anduriñas e Alfredo López ‘Fredi’.
Se che interesa podes contactar en ortigueiracultura@gmail.com para recibir a coreografía no teu correo ou desfrutar dunha clase con Fredi, de Gamelas e Anduriñas.
Anímate a participar!