Ortigueira celebra o Samaín cun concurso de cabazas, obradoiros e xogos tradicionais
- A programación de actividades para festexar a noite máis terrorífica do ano arrincará o 25 de outubro co concurso de cabazas organizado en colaboración con ACO Ortigueira e finalizará o 30 do mesmo mes cunha xornada de xogos tradicionais, baile e outras sorpresas.
O Concello programa varias actividades para que o público infantil e adulto con motivo da noite máis terrorífica do ano. Faino con diversas accións entre as que figura un concurso de cabazas organizado en colaboración con ACO Ortigueira. O certame contará con dúas categorías, unha de menores de 12 anos e outra para maiores de 12 e persoas adultas. A entrega das obras poderá realizarse desde o 25 de outubro ata o 29 do mesmo mes nos locais comerciais que conten co distintivo “ Deixa aquí a túa cabaza”, que indica que participan na proposta cultural.
O xoves 28 de outubro ás 17:00 horas a biblioteca municipal acollerá o contacontos e obradoiro “Pan e auga? Sopas!” de Xandobela. Este diríxese a público familiar e infantil de 4 a 12 anos. As inscricións están abertas e poderán realizarse chamando ao 981 400 101 ou na propia biblioteca.
O venres 29 o centro social de Ortigueira será o escenario do obradoiro de cociña terrorífica “Galletas decoradas con fondant” levado a cabo por Mundo Diversión. Haberá dúas sesións, a primeira ás 17:00 horas para nenos de 3 a 6 anos e a segunda ás 18:30 horas para os de 7 a 11 anos. As inscricións deben realizarse chamando ao 646 114 276.
Como colofón, o sábado 30 no centro social de Ortigueira terá lugar o obradoiro de manualidades terroríficas “ Dulceiros para Samaín” de Mundo Diversión. A sesión das 11:00 horas será para nenos e nenas de 3 a 6 anos mentres que a das 12:30 horas para mozas de 7 a 11 anos. As inscricións deberán realizarse chamando ao 646 114 276.
Na mesma xornada, a Praza de Isabel II acollerá actividades desde as 17:00 horas. A esa hora haberá xogos populares, a cargo de Dinamo Animación. Xa ás 19:00 horas será a quenda do baile tradicional con Troula do Ortegal. Os actos finalizarán ás 20:00 horas coa entrega de agasallos do concurso de cabazas e unha degustación de castañas.