Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira busca voluntarios para acompañar aos maiores en Nadal

O Concello de Ortigueira busca voluntarios para acabar coa soidade dos maiores durante o Nadal. Precisamente por iso, a área de Servizo Sociais pon en marcha desde hoxe venres o programa ‘Compañía de Nadal – Conectando Xeración nas Xanelas de Nadal’.

Deste xeito, Ortigueira pretende tanto captar veciños e veciñas que de maneira altruísta queiran exercer de ‘guías’ dos maiores, pero tamén persoas da terceira idade que desexen reducir a súa soidade e illamento. Todo aproveitando o marco do Nadal e a proposta social das Xanelas de Nadal. Durante 12 días, desde o martes 5 ata ao venres 22, diferentes fogares e establecementos do municipio convidan á veciñanza de Ortigueira á ‘estrea’ da súa decoración do Nadal. Precisamente esta invitación é a escusa ideal para sacar de casa aos maiores e permitir que socialicen.

Así, en función das solicitudes recibidas, o persoal de Servizos Sociais emparellará aos voluntarios cos maiores en función da proximidade xeográfica, “promovendo un sentido de proximidade e apoio mutuo”.

Todas as persoas interesadas en participar, xa sexa como voluntarias ou beneficiarias do servizo, poden inscribirse chamando ao 666 234 966 ou ao 981 402 542, enviando un correo electrónico a serviciossociales@concellodeortigueira.com ou ben cumprimentando un dos dous formularios en liña: o de maiores e o de voluntarios. As inscricións pódense realizar ata o 22 de decembro.

Esta iniciativa englobada dentro do innovador plan piloto ‘Loitando contra a soidade’, no que o ortigueirés é, xunto a Vimianzo e Muros, un dos tres municipios que participa. Con este primeiro plan, o Concello de Ortigueira fai un “esforzo por asegurar o benestar emocional e a integración social dos maiores”.

Back to top