Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA ANIMA ÁS ENTIDADES E AXENTES SOCIAIS DE ORTIGUEIRA A SE SUMAR Á CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

O Concello de Ortigueirá é unha do centenar de administracións públicas involucradas na campaña “En negro contra as violencias”, que se desenvolve con motivo da celebración, o vindeiro día 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O Centro de Información á Muller da localidade invita a axentes e entidades dos ámbitos eductivo, asociativo, cultural, deportivo e económico a participar nesta campaña tinxindo de negro os seu espazos, páxinas web e redes sociais para espallar a mensaxe contra a violencia machista. O material da campaña pódese descargar na web ennegrocontraasviolencias.gal ou no mesmo CIM.

O obxectivo é que a campaña se prolongue alomenos desde o 23 ao 26 de novembro incluídos

Back to top