Ortigueira acollerá en marzo a V edición do Trail Montes de Couzadoiro
- As persoas que queiran apuntarse á carreira poderán facelo ata o 2 de marzo na páxina www.galitiming.com.
- A proba conta con tres distancias: un trail de 25 km, un minitrail de 12 km e unha andaina de 10 km.
Ortigueira celebrará o próximo 6 de marzo a V edición do Trail Montes de Couzadoiro. O encontro deportivo, organizado pola Asociación de Veciñas e Veciños de Couzadoiro, o Concello e a pena ciclista de Santa Marta de Ortigueira, contará con tres distancias: trail, minitrail e andaina.
O concelleiro de Deportes, Anxo Lozano, sinalou “que esta proba xa comeza a consolidarse non calendario dous amantes do trail, unha oportunidade única tamén de amosar ou noso territorio ao mesmo tempo que fomentamos a actividade física”.
A proba desenvolverase a partir das 09:30 horas e terá o seu punto de partida na zona da pista de fútbol sala da parroquia de Couzadoiro. A carreira de montaña en formato trail longo consta dunha distancia de aproximadamente 24 quilómetros, acumulando un desnivel positivo de 1.200 metros. Mentres, o formato minitrail contará cun percorrido de 12 quilómetros, cun desnivel positivo de 900 metros. A andaina será de 10 quilómetros e terá un desnivel positivo de 500 metros. Haberá categoría absoluta e veterana e tres premios por categoría masculina/feminina.
O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos marcados por cinta, pintura ecolóxica ou carteis. O itinerario contará tamén con tres postos de avituallamiento, ademais do disposto na meta.
Poderán participar na iniciativa as persoas maiores de 18 anos, que non necesitan licenza federativa. Os e as interesadas en apuntarse poderán facelo a través da páxina www.galitiming.com ata o 2 de marzo.