OBRADOIRO DE DESENVOLVEMENTO PERSOAL E SAÚDE FÍSICA E EMOCIONAL
A Concellería de Benestar Social e Igualdade desenvolverá a través do Centro de Información á Muller un Obradoiro de desenvolvemento persoal e da saúde física e emocional que terá lugar os días 15 e 29 de maio, 12 e 26 de xuño e 10 e 24 de xullo, en horario de 10.00 a 12.00.
O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro luns, 13 de maio, no CIM e o número de prazas é limitado.
Este obradoiro, que se inclúe no programa de Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero da Secretaría Xeral de Igualdade (cofinanciado pola Unión Europa a través do FSE), ten como obxectivos promover o autocoñecemento e autocoidado, desenvolver a consciencia corporal, conectar as vivencias das mulleres participantes, empoderalas física, mental e emocionalmente, aumentar a súa sensación de comprensión e apoio e poñer en práctica ferramentas que lles permitan unha mellor xestión das emocións.