Obradoiro de cabazas de Samaín
O Concello de Ortigueira da comezo este outono coa celebración do obradoiro de decoración de cabazas.
O obradoiro celebrarase o próximo venres, 25 de outubro, de 16:00 a 19:00 horas, no primeiro andar do mercado municipal.
As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deberán inscribirse presencialmente na Oficina de Turismo ou chamando ao 981 422 089.
Cada participante deberá traer a súa propia cabaza e estas, decoradas no obradoiro, poderán participar no concurso de cabazas organizado polo Concello.
Non perdas a oportunidade de vivir unha tarde arrepiantemente divertida e de coñecer de preto esta fascinante tradición. Inscríbete, trae a túa cabaza e prepárate para competir polo título da cabaza máis terrorífica do Concello!