Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O XXII CAMPIONATO GALEGO DE ANDADURA CHEGA O DOMINGO 14 A ORTIGUEIRA

O Concello de Ortigueira acollerá o vindeiro domingo 14 de abril a vixésimo segunda edición do Campionato Galego de Andadura que organiza a Federación Hípica Galega.

As probas desenvolveranse entre as 12.00 e as 16.30 horas cun descanso para xantar e terán lugar na avenida Juan Luis Pía Martínez xunto a estación do tren.

Repartiranse 1.800 euros en premios entre os oito primeiros clasificados de cada categoría e os máis pequenos poderán participar nas actividades do Pony Club organizadas por Granxa do Souto.

Back to top