Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Teatro da Beneficencia acolle este sábado o concerto da Orquestra de Cámara Galega

  • A actuación dará comezo ás 19:30 horas e será de entrada libre ata completar aforo
  • O concerto terá unha duración de 70 minutos e vai dirixido a un público xeral, que abarca desde os máis pequenos da casa ata os nosos maiores
O Teatro da Beneficencia de Ortigueira acolle este sábado o concerto da Orquestra de Cámara Galega, organizado pola Deputación da Coruña.
A actuación dará comezo ás 19:30 horas e será de entrada libre ata completar o aforo do recinto.
A orquestra presentará un concerto de música creada por compositores desde a época barroca ata hoxe. Interpretaranse obras compostas por autores europeos e iberoamericanos, facendo fincapé en autores galegos, tendo presente o traballo dun dos compositores galegos máis prolíficos como é Rogelio Groba.
O concerto terá unha duración de 70 minutos e vai dirixido a un público xeral, que abarca desde os máis pequenos da casa ata os nosos maiores.
Back to top