O samaín chega ao mercado municipal de Ortigueira o sábado 25 de outubro
O vindeiro sábado 25 de outubro, o samaín chegará ao concello de Ortigueira cumha ampla variedade de actividades para gozar en familia.
O mercado municipal será o recinto que acolla as distintas propostas durante toda a tarde.
A programación comezará da man dos obradoiros no 1º andar do mercado:
– As 16.00 horas terá lugar o de ‘elaboración de cabazas terroríficas’, para o que será necesaria a inscrición previa a través do teléfono 981422089.
– Ás 17.00 horas poderase desfrutar do taller de ‘decoración de galletas de samían’, sen inscrición.
Xa ás 19.00 horas dará comezo o ‘concurso de cabazas’, e ás 19.30 horas, ao carón do edificio do mercado municipal, celebrarase un magosto.
Para rematar esta tarde terroríficamente divertida, das 19.30 ás 22.00 horas, a planta baixa do mercado convertirase nun scape room de medo.