Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O programa ‘La Voz Kids’ busca novos talentos en Ortigueira

O programa La Voz Kids contactou co Concello de Ortigueira e coa Escola de Música Concello de Ortigueira para que a xuventude do municipio participe no seu casting.

Se tes entre 7 e 15 anos podes anotarte chamando ou mandando un WhatsApp ao 629 96 27 35, ou mandando un correo a paula.lavozkids@boomerangtv.com.

A selección dos participantes farase de tres xeitos diferentes: a nivel comarcal en liña, a nivel autonómico na Coruña a primeira semana de maio, e a nivel nacional en Madrid.

Para máis información podes consultar ao director da EMCO no 981 402 432.

Back to top