O programa de ‘Coidados Porta a Porta’ visitará Ortigueira no mes de xuño
Unha unidade móbil do programa ‘Coidados Porta a Porta’, da Xunta de Galicia, visitará o concello de Ortigueira proximamente.
A través deste programa ofrecerase un servizo asistencial gratuíto de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores de 55 anos.
Será os días 17, 20, 21 e 22 de xuño, e situarase na Alameda.
Para máis información e cita previa podes chamar ao 622 748 283 ou mandar un correo a coidadosportaaporta.policitasocial@xunta.gal.
Consulta neste tríptico máis información sobre as características dos servizos que ofrecerán.