O programa da Universidade Sénior continúa no concello de Ortigueira cunha xornada sobre a saúde
Continúan as sesións da Universidade Sénior no noso concello. O alumnado gozou onte, 25 de maio, coa xornada ‘Educación para a saúde. Exercicio terapéutico’, impartida pola profesora Isabel Raposo Vidal.
Lembrade que o programa formativo rematará o vindeiro luns, 30 de maio, coa conferencia “Cinema e Creatividade para Seniors” con Domingo D. Docampo e Manolo Gómez. Ademais, tras isto, procederase á entrega de diplomas a todos os participantes.