Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PORTO DE ESPASANTE ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O CARNAVAL DE VERÁN E A I FESTA DO CHIPIRÓN

O porto de Espasante acollerá o sábado 3 de agosto o Carnaval de Verán, organizado pola Comisión de Carnaval Porto de Espasante en colaboración co Concello de Ortigueira.

Ás 13.00h darán comezo as actuacións de Pulpiño Viaskon, un coñecido home-orquesta, e de Perkusiona, un grupo de percusión natural de Lugo. A media tarde, ás 18.00h, os máis pequenos poderán gozar do espectáculo do Mago Charlangas ou das actuacións de Show Moneco e La Organeta, que terán lugar no paseo marítimo da vila.

Para culminar a xornada, ás 19.30h comezará o desfile de comparsas, que pasará polas rúas da vila.

O Carnaval coincide ademais coa celebración da I Festa do Chipirón. Os días 2, 3 e 4 serviranse racións de chipirón á prancha ou encebolado por 8 euros cada unha. Ademais deste produto, os visitantes tamén poderán comer polbo á feira e churrasco.

Back to top