Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA E A PRIMEIRA COTA DA TASA DE LIXO PÓDENSE PAGAR EN PERÍODO VOLUNTARIO ATA O 1 DE SETEMBRO INCLUÍDO

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, dictou un bando no que se establece o período de ingreso voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica deste ano e a primeira cota da tasa de recollida de lixo, que se poderán pagar ata o vindeiro 1 de setembro, incluído.

O ingreso pódese realizar a través das oficinas de Abanca, Banco Sabadell, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, Banco Santander, Banco Popular Español/Banco Pastor e Caixabank, así como nos seus caixeiros automáticos ou a través de Internet se as entidades bancarias dispoñen desta opción. Tamén é posible domiciliar o pago, unha alternativa que é a que recomenda o Concello para maior comodidade dos contribuíntes.

Os documentos de ingreso para quen non teñan domiciliado o cobro enviaranse ás súas casas, pero aínda que non os reciban teñen que realizar igualmente o pagamento. Nestes casos deberán poñerse en contacto cos Servizos Tributarios da Deputación a través de correo electrónico (atención.tributaria@dacoruna.gal) ou mediante chamada telefónica gratuita (900132204). Tamén poderán facer xestións e consultas a través da Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual) ou na Sede Electrónica da Deputación (https:// sede.dacoruna.gal)

Os documentos que se envían aos domicilios teñen importes diferenciados segundo se o pago se realiza en período voluntario (ata o 1 de setembro incluido) ou no último prazo, do 2 ao 15 de setembro, neste caso cun recargo do 5%.

Para os contribuíntes que teñen domiciliado o cobro, este pasarase o día 31 de xullo.

O prazo para devolución de cargos indebidos a través das entidades bancarias pechará o 25 de setembro. A partir desta data haberá que dirixir a reclamación á Deputación Provincial.

Back to top