O DIRECTOR DA ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA PARTICIPARÁ NUN SEMINARIO ONLINE DE DIRECTORES E DIRECTIVOS DE BANDAS DE MÚSICA SOBRE AS REPERCUSIÓNS DA CRISE SANITARIA
O director da Escola de Música Concello de Ortigueira, Carlos Diéguez, representará a este centro no IV Seminario de Directores e Directivos de Bandas de Música que se celebrará este domingo, 10 de maio, as 19.00 horas, nesta ocasión vía online polas circunstancias actuáis.
A iniciativa está organizada polo Certamen de Bandas de Andalucía co apoio do Concello de Chauchina, a Diputación de Granada e a Junta de Andalucía, e a participación de Diéguez será na mesa redonda titulada “El mundo, con y después del coronavirus. Nuevos paradigmas”. O director da EMCO dará a coñecer os recursos online utilizados na escola así como o traballo levado a cabo para continuar coa formación a distancia do alumnado. Tamén exporá a súa opinión sobre un futuro no que continuará o distanciamento social, que necesariamente repercutirá tanto nos ensaios das agrupacións musicais como no seu día a día.
Carlos Diéguez invita a directivos, profesores ou directores de coros, bandas de gaitas e grupos de baile a seguir este seminario -que é aberto e será vía Youtube- dado que os efectos da crise sanitaria afectarán a todas estas entidades. A ligazón para seguilo é a seguinte: