Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO REALIZA OBRAS DE MELLORA NO PAVILLÓN MUNICIPAL POR 44.500 EUROS

A empresa Construcciones Canosa, S.L. é a encargada de executar as obras de mellora no pavillón municipal de Ortigueira que se están a executar cun investimento de 44.499,88 euros.

Trátase duns traballos finaciados con cargo ao POS+ da Deputación do ano 2017, que basicamente teñen por obxectivo resolver as filtracións de auga e humidades existentes no edificio, que tamén utilizan os escolares do CEIP José María Lage. A intervención consiste no arranxo da cuberta e na substitución de baixantes e canalóns de recollida de augas, así como na colocación de novos paneis de cerramento, renovación da carpintería e pintado de bloques.

Back to top