Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO PROGRAMA DÚAS SESIÓNS DE CONTACONTOS ESTA SEMANA

Os nenos e nenas de Ortigueira poden participar mañá e o vindeiro xoves en dúas sesións de contacontos que se celebrarán ás 17.30 horas na biblioteca municipal. A primeira, a de mañá martes, está dirixida a idades entre 1 e 4 anos, e será Raquel Queizás a encargada de narrar a historia “Chimpo de ra”: Nano dá grandes chimpos e a súa irmá pequena, a ra Nona, aínda non sabe. Pero Nano sente ciúmes de Nona porque todas as atencións son para ela.

O xoves 17 será a quenda de Xandobela e “O chineiro da tía María”, un conto para nenos e nenas de 5 a 9 anos que invita a preguntar sempre o porqué das cousas, aínda que aos maiores ás veces se lles acabe a paciencia.

Nos dous casos é necesario inscribirse previamente polo aforo limitado, na propia biblioteca ou no teléfono 981 400 101.

Back to top