Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello organiza un curso de agricultura ecolóxica

A agricultura ecolóxica é un sistema de produción agraria e gandeira que proporciona alimentos de máxima calidade a través de técnicas máis respectuosas có medio ambiente. Este método de produción prescinde do uso de substancias químicas, como pesticidas, fertilizantes de síntese e aditivos, có obxectivo de obter alimentos naturais, saudables e con todas as súas propiedades nutritivas e á vez minimizar os efectos negativos sobre o medio ambiente.

No Concello de Ortigueira, actualmente, atópanse 5 produtores inscritos e certificados no CREAGA (Consello regular de agricultura ecolóxica), e dende o Concello queremos apoiar este método e implicarnos nesta nova alternativa de diversificación de diversidade de actividade agraria e gandeira así como poñer en valor a terra-produto.

Duración: 300 horas. En sesións presenciais de catro horas e media diarias, durante tres días á semana. En total ten unha duración de cinco meses e medio.

Inicio: 21 de marzo de 2022 en Ortigueira.

PERÍODO DE INSCRICIÓN: Dende o 21 de febreiro ata o 15 de marzo. As solicitudes achegaranse nas oficinas do rexistro do Concello ou na sede electrónica. As persoas desempregadas achegarán xunto coa solicitude a demanda de emprego, e as ocupadas a vida laboral actual.

Para máis información pódese consultar calquera dúbida no departamento de orientacion laboral. 981400000/malvarez@concellodeortigueira.com

Back to top