Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello organiza rutas sendeiristas para o mes de febreiro

O Concello organiza saídas de sendeirismo todos os sábados de febreiro. Ortigueira convértese de novo en escenario dos tradicionais circuítos que organiza o Concello para fomentar a actividade física e dar a coñecer os espazos naturais do municipio.

O concelleiro de Deportes, Ángel Lozano, destaca “ou éxito que teñen sempre este tipo de iniciativas, que combinan deporte ao aire libre coa riqueza natural e patrimonial da nosa vila”. O edil sinalou a importancia deste tipo de proxectos á hora de dar a coñecer o territorio entre os veciños e veciñas pero tamén entre aquelas persoas que desexen coñecer Ortigueira.

Desde o Concello sinálase a necesidade de levar a ambas as actividades algo de comida, auga e calzado idóneo, así como estar no punto de encontro uns trinta minutos antes. As persoas interesadas en participar poderán facelo anotándose na piscina municipal. A actividade é gratuíta.

5 de febreiro

Ruta ornitolóxica de Laxas

Dificultade baixa

Aproximadamente 3 Km

HORA DE COMEZO: 10:00

LUGAR: Piscina de Ortigueira

Recoméndase levar guía de aves e prismáticos

 

12 de febreiro

Visita ao mosteiro de San Xoán

Dificultade media

Aproximadamente 7 Km

HORA DE COMEZO: 10:00

LUGAR: Piscina de Ortigueira

 

19 de febreiro

Paseo ornitolóxico de Senra

Dificultade baixa

Aproximadamente 5 Km

HORA DE COMEZO: 10:00

LUGAR: Piscina de Ortigueira

Recoméndase levar guía de aves e prismáticos

 

26 de febreiro

Ruta polo rego de Salgueiro

Dificultade baixa

Aproximadamente 5 Km

HORA DE COMEZO: 10:00

LUGAR: Piscina de Ortigueira

Back to top