Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ORGANIZA ROTEIROS DE SENDEIRISMO POLAS PAISAXES NATURAIS MÁIS EMBLEMÁTICOS DE ORTIGUEIRA

O Concello de Ortigueira organiza para este verán roteiros de sendeirismo por algúns das paraxes naturais máis incribles do municipio, como os cantís de Loiba, o entorno do río Casón ou a serra de Faladoira. Estas actividades terán lugar ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro.

As camiñadas desenvolveranse todos os sábados desde o 3 de xullo ata o 4 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas. O Concello levará a cabo un total de catro percorridos ao longo de dez xornadas.

O primeiro deles será o roteiro de O Casón os días 3 de xullo, 14 de agosto e 4 de setembro. Un roteiro de 6,5 quilómetros de dificultade media por unha paisaxe única. O camiño polos cantís de Loiba será o seguinte, desenvolvéndose os días 10 de xullo e 7 de agosto, un itinerario de 6,5 quilómetros de dificultade baixa. Os días 17 e 31 de xullo e 28 de agosto realizarase o roteiro das lendas da Faladoira, cunha distancia de 5 quilómetros de dificultade baixa. Por último, o roteiro dos cantís de Espasante- Céltigos, a máis longa, con 8 quilómetros de percorrido e unha dificultade media.

“Un ano máis, desde a concellería de Deportes poñemos en marcha unhas rutas que combinan actividade física e natureza, unha forma de descubrir recunchos do noso municipio fomentando ademáis o deporte”, explica o concelleiro Anxo Lozano.

Todas as persoas que participen deberán levar consigo máscara, botas de monte, bastón, roupa cómoda, auga e comida. A saída para todas as actividades será ás 10:00 horas desde a oficina de Turismo en coche propio. As e os interesados en participar poderán inscribirse na oficina de Turismo ou chamando ao teléfono 981 442 089. As actividades son gratuítas e contan cun aforo máximo de 20 persoas.

Back to top