Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello moderniza o ximnasio municipal cunha nova máquina multifunción de oito estacións

O Concello de Ortigueira completou recentemente a mellora das instalación do ximnasio municipal, situado no edificio da piscina. A novidade é a incorporación dunha nova máquina multifunción de oito estaciones, deseñada para optimizar o adestramento dos usuarios e permitir que ata oito persoas poidan realizar actividade física de forma simultánea. A adquisición do equipo supuxo un investimento total de 14.000 euros, sufragada integramente con fondos municipais.

Esta nova dotación vén substituír á anterior maquinaria, que prestaba servizo desde a apertura do ximnasio hai aproximadamente 20 anos e presentaba xa un notable desgaste polo uso. Con esta renovación, o goberno local busca garantir unha práctica deportiva máis segura, eficiente e adaptada ás necesidades actuais dos veciños e veciñas que acoden con frecuencia a estas instalacións.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destaca importancia deste investimento para fomentar un estilo de vida saudable. O rexedor sinala que “o compromiso do Concello é manter as instalacións nun estado óptimo, renovando aqueles elementos que, tras décadas de funcionamento, xa cumpriran o seu ciclo de vida útil”.

Back to top