Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello licita por 104.107 euros a mellora de máis de dous quilómetros de pistas en Couzadoiro, Ladrido e Espasante

  • As obras levaranse a cabo nos camiños de acceso a Corbelle, a Coruxo, ao cemiterio de Ladrido e a Fabeiro.
  • Os traballos enmárcanse no Plan Único da Deputación da Coruña e o prazo para que as empresas presenten as súas propostas finaliza o próximo 30 de maio.

O Concello de Ortigueira licita por 104.107 as obras para mellorar o firme ao longo de 2,1 quilómetros de pistas en Couzadoiro, Ladrido e Espasante.

Os traballos permitirán estender unha capa de aglomerado en quente ao longo de 530 metros na pista de acceso a Corbelle ( Couzadoiro), 990 metros no acceso a Coruxo ( Couzadoiro), 41 metros no acceso ao cemiterio de Ladrido ( Ladrido), e 620 metros no que leva a Fabeiro (Espasante). Con estas obras, o equipo de goberno local pretende mellorar a seguridade viaria e as conexións no termo municipal.

“Damos prioridade ás pistas principais dentro de cada parroquia, que adoitan ser as que se atopan próximas a núcleos de poboación ou a servizos”, sinala o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras. Nun municipio cunha poboación tan dispersa, o número de pistas é moi elevado, “polo que desde ou goberno local seguimos coa nosa aposta e compromiso de melloralas pouco a pouco, coa intención de chegar a toda as parroquias e de ofrecer as mellores infraestruturas posibles”.

Os traballos enmárcanse no Plan Único da Deputación da Coruña e o prazo para que as empresas presenten as súas propostas finaliza o próximo 30 de maio.

 

Back to top