O CONCELLO INVITA AOS ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS A ACOLLERSE ÁS AXUDAS REFORMA TUR 2019 DO IGAPE
O Concello de Ortigueira anima aos establecementos hoteleiros da vila a acollerse ás axudas Reforma Tur 2019 convocadas polo Igape, das que se poden beneficiar hoteis, albergues e casas de turismo rural para realizar reformas tramitadas directamente polos establecementos de venta de material e complementadas con descontos directos na factura. Estas axudas tradúcense nun aforro do 50% na adquisición de bens subvencionables.
Os bens subvencionables son:
-Materiais para rehabilitación de envolventes: fachadas, cubertas, porches, etc.
-Materiais e mobiliario suxeito a instalación de fixación para a reforma de interiores e exteriores, cuartos de baño e cociñas.
-Sistemas de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
-Sistemas de iluminación.
-Sistemas domóticos.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 de abril.