Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello financia con 14.950 euros unha formación en agricultura ecolóxica

  • O curso comezará o 21 de marzo e terá unha duración de cinco meses e medio. As persoas interesadas xa poden inscribirse no Concello.
  • Muras afirma que “a agricultura ecolóxica é un eido polo que se está apostando e que ten futuro, por iso debemos implicarnos nesta nova alternativa, que tamén servirá para poñer en valor o produto da nosa terra”.
  • O alumnado participante aprenderá sobre técnicas de cultivo, protección fitosanitaria, comercialización e certificación de produtos, gandería ou fruticultura, entre outros.

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, afirmou que “se pode vivir da agricultura ecolóxica, é un eido polo que se está apostando e que ten futuro, polo que desde os concellos coma o noso, con gran territorio rural, debemos implicarnos nesta nova alternativa, que servirá tamén para poñer en valor o produto da nosa terra”.

A formación proposta polo Concello comezará o 21 de marzo en Ortigueira e terá unha duración de 300 horas, con sesións presenciais de catro horas e media diarias durante tres días á semana. O alumnado tamén dispoñerá dunha plataforma de aula virtual.

O taller estenderase ao longo de cinco meses e medio e será impartido por profesorado e enxeñeiros agrónomos de dilatada experiencia, así como por persoal do Consello Regular de Agricultura Ecolóxica ( CRAEGA). Unha vez superado o curso, o Concello fará entrega dun título acreditativo ou, na súa falta, un certificado de superación.

Contidos

Durante as sesións o alumnado aprenderá sobre a agricultura ecolóxica e a súa importancia na economía, fertilización e compostaxe, técnicas de cultivo, protección fitosanitaria, comercialización e certificación de produtos, produción de oliveiral e elaboración de aceite ecolóxico, plantas aromáticas e medicinais, gandería, fruticultura e cestería en vimbia. A formación tamén inclúe prácticas e un módulo de orientación laboral e autoemprego.

Inscricións

As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo desde hoxe, 21 de febreiro, ata o 15 de marzo. As solicitudes deberán presentarse nas oficinas do Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica. As persoas desempregadas achegarán con ela a demanda de emprego, mentres que as ocupadas deberán presentar a súa vida laboral.

Para máis información, as e os interesados poderán contactar coa orientadora laboral do Concello a través do número 981 40 00 00 ou o correo malvarez@concellodeortigueira.com, ou presencialmente nas oficinas de orientación laboral do Consistorio.

Programación completa:

TEMA 1. AGRICULTURA ECOLÓXICA. CONCEPTO E IMPORTANCIA ECONÓMICA.

  1. Introdución.
  2. Impactos da Agricultura Convencional.
  3. Principios da Agricultura Ecolóxica.
  4. Evolución histórica da Agricultura Ecolóxica,
  5. Importancia económica da Agricultura Ecolóxica,
  6. Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica.
  7. Diferenciación da AE con outros sistemas de mellora de calidade.
  8. Exercicios.

 

TEMA 2. FERTILIZACIÓN EN AGRICULTURA ECOLÓXICA. COMPOSTAXE.

  1. Bases de la fertilización en Agricultura Ecoloxica.
  2. Nutrición das plantas.
  3. Fertilizantes empegados en Agricultura Ecolóxica.
  4. Fertilización orgánica.
  5. Fertilización inorgánica.
  6. Compostaxe.
  7. Exercicios prácticos de compost e estruturas vivas.

 

TEMA 3. TÉCNICAS DE CULTIVO EN AGRICULTURA ECOLÓXICA.

  1. Elección de sementes e plantas.
  2. Laboreo e mecanización.
  3. Rotación de cultivos.
  4. Asociacions de cultivos.
  5. Acolchado.
  6. Manexo de herbas adventicias.
  7. Exercicios.

 

TEMA 4. PROTECCIÓN FITOSANITARIA EN AGRICULTURA ECOLÓXICA.

  1. Introducción,
  2. A saude das plantas.
  3. Umbrales de tratamentos.
  4. Medidas de control en Agricultura Ecolóxica.
  5. Accions agronómicas.
  6. Medidas físicas.
  7. Enemigos naturais,
  8. Preparados naturais.
  9. Outros métodos de control.
  10. Exercicios.

 

TEMA 5. COMERCIALIZACIÓN E CERTIFICACIÓN DE PRODUCTOS ECOLÓXICOS.

  1. Introducion.
  2. Destinos da produción en España.
  3. Puntos de venda dos produtos ecolóxicos.
  4. Consumo de produtos ecolóxicos e medidas para o desenvolvemento de mercado.
  5. Marco legal dos alimentos ecolóxicos.
  6. Certificación dos alimentos ecolóxicos.
  7. Conversión a Agricultura Ecolóxica.
  8. Exercicios.

 

TEMA 6. PRODUCIÓN ECOLÓXICA DE OLIVAR E ELABORACIÓN DE ACEITE ECOLÓXICO.

  1. Introdución. Cultivo ecolóxico de olivo. Contexto na agroindustria.
  2. Agrosistema olivar.
  3. Poda.

4 Pragas e enfermedades olivar.

  1. Composición do aceite oliva vire e bioquímica. Análise sensorial.
  2. Aproveitamento de subprodutos.

7 Exercicios.

 

TEMA 7. PLANTAS AROMÁTICAS E MEDICIÑAIS ECOLÓXICAS.

  1. Introdución e marco legal para producción, elaboración e comercialización en ecolóxico.
  2. Cultivo de aromátics e medicinais para aproveitamento de sementes, flores, raices, rizomas e tuberculos.
  3. Recolecion silvestre de plantas aromáticas e medicinais.
  4. Mecanizado e transformación das PAM’s.
  5. Sectores que empregan PAM’s e normas sanitarias.
  6. Exercicios.

 

TEMA 8. GANDEIRIA ECOLÓXICA.

  1. Introdución e importancia da gandeira ecoloxica
  2. Lexislación sobre a gandeiria ecolóxica.
  3. Razas autóctonas.
  4. Manexo ecolóxico da alimentación e pastoreo e reproducción.
  5. Instalacións de gandeiria ecolóxia.
  6. Manexo ecolóxico do benestar animal.
  7. Transporte, sacrificio e comercialización.
  8. Exercicios.

 

 

TEMA 9. FRUTICULTURA ECOLÓXICA.

  1. Introdución e importancia da fruticultura ecoloxica.
  2. Normativa en fruticultura ecolóxica.
  3. Diseño, plantación, preparación terreo.
  4. Manexo do suelo, e da biodiversidade.
  5. Prevención e control de pragas e enfermedades.
  6. Operacións de cultivo: poda, polinización e aclareo.
  7. Principales cultivos e material vexetal.
  8. Post-colleita, transporte, comercialización e etiquetado.
  9. Exercicios de poda

 

TEMA 10. CESTERIA EN MIMBRE.

  1. Introdución e tipo de cestería.
  2. Materiales e ferramentas e preparación do material,
  3. Montaxe da estrutura.
  4. Usos da cestería.
  5. Exercios prácticos de montaxe.

 

TEMA 11. PRACTICAS NON LABORAIS E INSERCIÓN LABORAL

  1. Firma de convenios para realización de prácticas non laboráis.
  2. Modulo de orientación laboral e autoemprego.
  3. Seguimento de prácticas e procura de inserción laboral con orientación, intermediación laboral e prospección de emprego.
Back to top