Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Ortigueira celebrará un concurso de disfraces de Entroido

No marco da programación do Entroido de 2022, o Concello de Ortigueira organiza un concurso de disfraces que se celebrará o vindeiro luns, 28 de febreiro, a partir das 21:00 horas na Alameda.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse de xeito presencial no concello, antes das 14:00 horas do venres, 25 de febreiro. A través do correo electrónico, enviando cuberta a folla de inscripción antes das 18:00 horas do domingo 27 a ortigueiracultura@gmail.com. Ou na Biblioteca Municipal Fernández Latorre o propio día 28, en horario de 19:00 a 20:30 horas.

Consulta aquí as bases do concurso

Back to top