O CONCELLO ENTREGA MATERIAL DE PROTECCIÓN CONTRA A COVID-19 AOS CENTROS ESCOLARES
O Concello de Ortigueira vén de facer unha primeira entrega de material de protección contra a Covid-19 aos centros educativos do municipio, coa fin de que alumnado e profesorado poidan enfrontar o comezo do curso con seguridade.
Este material -no que se inclúen máis de mil máscaras- entrégase ao CEIP José María Lage, a galescola e o IES Ortigueira, segundo informou a concelleira de Educación e Cultura, María Belén Bello Castro. A institución municipal preparará novas entregas a medida que sexa necesario.