Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO E AGA ORGANIZAN UN CURSO BÁSICO DE APICULTURA

Mañá xoves remata o prazo para se inscribir no curso básico de apicultura que organiza o Concello de Ortigueira en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA) e que terá lugar os vindeiros días 18 e 19 de maio. O prezo é de 50 euros, e gratis para os socios de AGA y los vecinos de Ortigueira.

O primeiro día impartiranse contidos teóricos no centro de formación do polígono de A Rega, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, mentres que ao día seguinte, para realizar as prácticas, os e as participantes terán que desprazarse ata o colmear didáctico de San Adrián. Estas terán lugar de 10.00 a 14.00 horas.

Back to top