Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello desenvolve unha actividade de concienciación en materia de Igualdade no CEIP José Mª Lage

A Concellería de Igualdade iniciou o esta semana o programa “Xénero-arte” no CEIP José María Lage. Este desenvolverase ao longo do mes de maio e xuño e culminará coa presentación dun mural elaborado polo alumnado de 3º e 4º de primaria. Nel reflictiranse as cuestións abordadas na intervención educativa sobre a igualdade.

A metodoloxía é participativa e multidisciplinar, baseada na curiosidade e a emoción. Unha actividade na que a expresión artística é a canle de comunicación.

Ao frente da actividade está o Grupo Koremi e o programa está cofinanciado cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdad.

Back to top