O CONCELLO DE ORTIGUEIRA TOMA MEDIDAS CONTRA O COVID-19
O Concello de Ortigueira adoptou unha serie de medidas pola situación sanitaria que se está a rexistrar como consecuencia do Covid-19, que inclúen a suspensión dos mercados que se celebran semanalmente o luns no porto de Espasante e o xoves na Alameda, así como de todas as actividades socioculturais e deportivas organizadas polo Concello ou por terceiros en instalacións municipais.
As dependencias que permanecerán pechadas son a Escola Municipal de Música, a piscina, o pavillón, a Aula CeMIT,.a biblioteca, os centros sociais e de interpretación e as oficinas de turismo.
Tamén se suspende a atención presencial no Concello e Servizos Sociais excepto en casos de extrema necesidade. Os trámites por vía telemática débense facer a través da sede electrónica (http://ortigueira.sedelectronica.es) ou telefónicamente no número 981 400 000. As extensións son as seguintes: Rexistro, 322; Padrón, 326 e 316; Urbanismo, 307 e 309; Medio rural, 308; Intervención, 323; Tesourería, 320; Secretaría, 304; Cultura, 310; Patrimonio, 407; Servizos Sociais, 400, 401 e 405; CIM, 402 e 403; Biblioteca, 430 e Turismo, 651.
Os plenos terán lugar a porta pechada.
Por último, o Concello recomenda non asistir a lugares que impliquen aglomeracións de persoas, sobre todo se son sitios pechados, e prestar especial atención aos colectivos vulnerables, así como seguir as instrucións ditadas polo Ministerio de Sanidad ou a Consellería de Sanidade.