Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA SÚMASE Á CAMPAÑA “XOGUETES PARA A IGUALDADE”

O Concello de Ortigueira súmase á campaña “Xoguetes para a igualdade. Xogamos igual. Os xoguetes non teñen sexo” posta en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración coa Vicepresidencia do Goberno.

O obxectivo é sensibilizar a poboación -á hora de elixir os regalos destas datas- sobre o contido sexista e violento dalgúns xogos e xoguetes, así como acabar coa separación dos xoguetes seguindo estereotipos de xénero. Trátase de concienciar aos máis pequenos de que poden xogar indistintamente coas mesmas cousas e de que de non hai cores de nenas ou de nenos. Deste xeito conseguirase establecer desde idades temperás relacións de igualdade e cooperación entre nenos e nenas.

Back to top