O CONCELLO DE ORTIGUEIRA SÚMASE Á CAMPAÑA DA DEPUTACIÓN “DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO”
O Concello de Ortigueira súmase á campaña posta en marcha pola Deputación Provincial da Coruña baixo o lema “De fronte á violencia de xénero”, organizada con motivo da próxima conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, contribuíndo á difusión das actividades.
Trátase dunha campaña en liña e colaborativa que inclúe varias propostas:
- Desafío Poético. Concurso nas redes sociais do 4 ao 16 de novembro.
- Palestras. Conferencias sobre violencia de xénero a cargo de Vanessa Rodríguez Pousada, Sara Vierna Fernández e Ana Sanmartín López.
- “Sira e illa”. Narración poética para todas as idades e acción colectiva de origami. Guiada por Palmira Castro. Ata o 15 de novembro.
- “Contos de nenas grandes e pequenas”. A cargo de Marta Ortiz e Brais das Hortas. Do 23 ao 29 de novembro.
O Concello ten a súa propia campaña do Día da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten como lema “Implícate, son as túas veciñas” e que inclúe cartelería, un certame de microrrelatos e reparto de material promocional.