O Concello de Ortigueira solicita a adhesión á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes
- O obxectivo deste proxecto, coordinado pola Secretaria de Estado de Turismo, é liderar desde a sustentabilidade o desenvolvemento do sector turístico a través da innovación e a tecnoloxía.
- Se a solicitude é aceptada, iniciaríase o proceso de conversión a Destino Turístico Intelixente.
O Concello de Ortigueira solicitou á Secretaría de Estado de Turismo a adhesión á Rede de Destinos Turísticos Ingeligentes (Rede DTI), un proxecto pioneiro a nivel internacional, impulsado e xestionado por SEGITTUR, cuxo obxectivo é implantar un novo modelo de mellora da competitividade e desenvolvemento turístico baseado na gobernanza e a corresponsabilidade turística.
Destino Turístico Intelixente é un destino turístico innovador, consolidado sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda, que garante o desenvolvemento sostible do territorio turístico, accesible para todos, que facilita a interacción e integración do visitante coa contorna e incrementa a calidade da súa experiencia no destino e mellora a calidade de vida do residente.
A adhesión á Rede DTI non supoñería ser un Destino Turístico Intelixente, senón o compromiso do Concello de Ortigueira por iniciar o proceso de conversión a Destino Turístico Intelixente segundo a metodoloxía DTI da Secretaría de Estado de Turismo. Unicamente son recoñecidos co distintivo de Destino Turístico Intelixente aqueles destinos que obteñen unha puntuación no grao de cumprimento dos requisitos previstos na metodoloxía DTI, igual ou superior ao 80%.
O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, explica que “con esta solicitude manifestamos o desexo do Concello de Ortigueira de contribuír aos obxectivos e actividades marcadas no protocolo xeral de actuación para a participación, apoio e promoción da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes”.