Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA PARTICIPA NA CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO #LAVIOLENCIAQUENOVES

O Centro de Información á Muller de Ortigueira súmase á campaña posta en marcha pola Delegación do Goberno contra a violencia de xénero co lema #LaViolenciaQueNoVes. O Concello está difundindo a través das súas redes sociais e páxina web o material desta iniciativa, cuxo obxectivo é concienciar de determinadas situacións ou actuacións que supoñen violencia contra as mulleres pero que ás veces se normalizan ou pasan desapercibidas, xa que as condutas violentas idéntificanse maioritariamente coas que se producen dentro dunha relación afectiva existente ou anterior ou as que consisten en agresións físicas, pero non as psicolóxicas.

O obxectivo secundario da campaña é non revitimizar ou responsabilizar ás mulleres. En moitas ocasións, por neglixencia do sistema xudicial, policial o legal a muller vese obrigada a reexperimentar o seu papel de víctima e ve a súa conduta cuestionada, co sufrimento engadido que isto supón. As campañas institucionais xogan -segundo esta iniciativa- un papel fundamental para loitar contra esta revitimización, creando un contorno seguro para as mulleres que padecen estas situacións.

Back to top