Continúan as rutas de sendeirismo do Concello de Ortigueira
Ortigueira convértese de novo en escenario dos tradicionais circuítos que organiza o Concello para fomentar a actividade física e dar a coñecer os espazos naturais do municipio.
Desde o Concello sinálase a necesidade de levar a ambas as actividades algo de comida, auga e calzado idóneo, así como estar no punto de encontro uns trinta minutos antes. As persoas interesadas en participar poderán facelo anotándose na piscina municipal. A actividade é gratuíta.
- Sábado 19 de marzo:
Ruta ao cemiterio de San Paulo dos Freires
Dificultade media
Aproximadamente 15 Km
Hora de comezo: 10:00
Lugar: Piscina de Ortigueira
- Sábado 2 de abril:
Alto de Miudelos
Dificultade baixa
Aproximadamente 5 Km
Hora de comezo: 10:00
Lugar: Piscina de Ortigueira