O Concello de Ortigueira organiza novos roteiros de sendeirismo no mes de outubro
Coa chegada do mes de outubro, volven ao Concello de Ortigueira os seus roteiros guiados de sendeirismo. Animádevos a participar nas diferentes actividades propostas:
Senda de circunvalación a Morouzos
8 de outubro
5 quilómetros
Saída ás 10:00 horas, dende a piscina municipal
Ruta intermareal de Ladrido
15 de outubro
10 quilómetros
Saída ás 9:00 horas da estación Feve Ortigueira e ás 9:30 horas da estación Feve Espasante
Ruta do Casón
22 de outubro
10 quilómetros
Saída ás 9:00 horas da estación Feve Ortigueira e ás 9:30 horas do Centro Social San Adrián
Ruta Coriscada – O Barqueiro
29 de outubro
12 quilómetros
Saída ás 9:00 horas da estación Feve Ortigueira e ás 9:30 horas do Aparcamento O Galeón (Loiba)
As persoas interesadas en participar poden inscribirse na piscina municipal.