O CONCELLO DE ORTIGUEIRA LEMBRA OS RECURSOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Concello de Ortigueira está moi pendente, nesta situación de confinamento, das problemáticas de violencia de xénero ou violencia familiar e por este motivo pon a disposición da poboación os recursos telefónicos de atención ás posibles vítimas. A institución municipal traslada a mensaxe “Non te quedes na casa, axudámosche” e lembra os seguintes teléfonos:
Atención ás vítimas de violencia de xénero:016
Teléfono da Muller: 900 400 273
Emerxencias: 112
Concello de Ortigueira: 981 402 542 / 604 002 167