Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA EXPÓN FOTOGRAFÍAS ANTIGAS CEDIDAS POR MULLERES DAS PARROQUIAS CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER RURAL

Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller Rural e con este motivo expóñense no Claustro da planta baixa do Concello fotografías antigas das mostras “Orteganas con historia” e “Muller e ría”. As imaxes que compoñen estas exposicións foron cedidas por mulleres maiores de diferentes parroquias e o percorrido que debuxan é un recurso moi valioso para coñecer a historia de Ortigueira e o papel das mulleres nela.

As fotografías poderanse ver ata o día 27 de outubro.

Back to top