O concello de Ortigueira celebra a XIII Festa Interxeracional dos Maios
Esta mañá a Praza Isabel II foi o escenario de celebración da XIII Festa Interxeracional dos Maios. Unha festa na que colabora o Concello e organiza o Centro de Atención a Persoas Maiores e que reuníu a un amplo público no lugar.
Entre as actividades da xornada, elaboráronse unha alfombra floral e maios figurativos, ademais da lectura de coplas de Os Maios.
O encontro contou coa actuación musical da Escola de Gaitas de Ortigueira e nel participaron usuarios e usuarias de Aspromor, da residencia de maiores de Ortigueira, o alumnado do CEIP José María Lage, A Galiña Azul e o IES de Ortigueira.